Antes pasábase por aquí
Sonia Arias López
Nacida en Vidul (Paradela, Lugo, 1984) Sonia Arias López é unha escritora en lingua galega e castelá. Ten publicado os libros Parque de atracciones, Campos de batalla, Manchas de frío e Los zapatos del lobo ademais de diversas colaboracións en revistas e xornais de Galicia.
Mediante unha elaborada e precisa linguaxe poética, Antes pasábase por aquí aborda e universaliza temas, historias e costumes dunha terra que ten como primordial referente o seu propio lugar de nacemento. O libro achéganos á grande fractura do éxodo rural, do sentido e das emocións dun pobo, coas súas xentes, mostrándonos a polémica da súa vida interior, o seu despoboamento e, con atinada sutileza, a gradual desaparición ou morte do mesmo.
Preséntanos así un refuxio individual no que a autora se detén con habilidade, deixando un rastro para todos os que queiran seguir sendo donos dos seus pensamentos, sumando unha verdade a todas as verdades.
- Escritor
- Sonia Arias López
- Materia
- Poesía
- Idioma
- Galego
- EAN
- 9791399026207
- ISBN
- 979-13-990262-0-7
- Depósito legal
- B 7883-2025
- Páginas
- 84
- Ancho
- 14,8 cm
- Alto
- 21 cm
- Edición
- 1
240,58 MX$12,28 US$9,23 £